PSOE, DO Y OUeC denuncian la deficiente gestión de las instalaciones deportivas municipales en Ourense


PSOE, DO e OUeC denuncian o despilfarro económico que se está a producir pola “mala xestión de persoal” que se está a levar a cabo e o “deplorable estado” das instalacións deportivas municipais.
Os tres grupos municipais da oposición, PSdeG-PSOE, DO e OUeC, solicitan conxuntamente ao Goberno municipal un novo modelo de xestión do Consello Municipal de Deportes despois dunha análise detallada da estrutura e do funcionamento diario tanto do persoal, actividades e instalacións do recinto, e da aprobación da moción presentada por Democracia Ourensana no pasado pleno do mes de abril.
Xa no pasado pleno, o voceiro do GMS, Vázquez Barquero, afirmaba que “chegou o momento de repensar a súa estrutura, se ten que ser un organismo autónomo ou non, cal é a súa dotación axeitada de persoal, se ten que ter un Consello Reitor, cun xerente, cunha coordinadora, cun administrador, etc. E, por suposto, temos que repensar o modelo público de desenvolvemento e promoción do deporte, sobre todo do deporte de base e das modalidades deportivas con menos implantación na cidade.” Barquero engadiu que “estamos a continuar cun modelo iniciado fai máis de 40 anos, que non ten porque ser o máis axeitado a día de hoxe, un modelo onde, non poucas veces, hai evidencias de patrimonialización do público por parte de clubes privados que utilizan instalacións municipais. Incluso, un modelo onde se confunde a titularidade das instalacións e non se sabe se son do Concello ou dos clubes deportivos privados que as utilizan.”
O GMS pon de manifesto as fraquezas dun modelo que ten que ser público a tódolos efectos, un modelo que non se pode quedar en ofertar unhas instalacións deportivas a un módico precio, e  agardar que os acontecementos deportivos se sucedan pola súa propia dinámica.
Dende o Grupo Municipal de DO, o seu concelleiro Domingo Castro afirma que “non podemos permitir que se contraten empresas privadas para completar a programación de actividades deportivas, cando hai persoal especializado no propio pavillón que a pode levar cabo, e tamén para realizar “chapuzas absurdas” que podería realizar o persoal de mantemento, suficientemente cualificado para este tipo de reparacións.”
Finalmente, Ourense en Común reitera tamén a necesidade da renovación democrática da institución en aras da transparencia aumentando o nivel desta e da participación.
www.periodicobarrios.com/

Comments

comments

Deja un comentario

A %d blogueros les gusta esto: