II Torneo Alevín Fútbol 7 Fundación Celta de Vigo (Resumen)

Gran ambiente de fútbol na segunda edición do torneo alevín de fútbol 7 da Fundación Celta de Vigo celebrado onte na Madroa. As instalacións do conxunto celeste acolleron aos máis de 300 nenos dos 20 equipos participantes nunha emocionante e intensa xornada deportiva e familiar que se estendeu ao longo de todo o día.

O torneo contou con diversos equipos de primeira liña do panorama futbolístico de Galicia como o Coruxo, o Pabellón de Ourense, o Deportivo de La Coruña ou o Rápido de Bouzas, sendo a primeira ocasión na que no torneo reparticipan equipos do catro provincias galegas. 
A competición foi especialmente deseñada en liña coa filosofía da Fundación Celta de Vigo, que considera esencial fomentar a participación de todos os equipos por igual, de modo que mentres os primeiros clasificados loitaban polo título, o resto de equipos continuaron competindo para definir a súa posición final na clasificación. 
Finalmente, o cadro de honra conformárono como campión o Deportivo, que se impuxo na quenda de penaltis ao RC Celta e como terceiro e cuarto clasificado o Coruxo e o Pabellón de Ourense respectivamente. Á entrega de premios asistiron Germán Arteta, Director da Fundación Celta, Carlos Hugo García, Director de Canteira e os futbolistas celestes Diego Alende e Pape Cheikh. 
O torneo de fútbol 7 da Fundación Celta de Vigo continúa crecendo para dar acollida aos mellores equipos da zona e así fomentar a colaboración entre as entidades deportivas co obxectivo de ofrecer a mellor formación posible e fomentar ao mesmo tempo o compañeirismo e a competitividade entre os novos futbolistas.
http://www.celtavigo.net/

Escaparate en A Madroa

Comments

comments

Deja un comentario

A %d blogueros les gusta esto: